ALÉN

Colectivo Glovo (Galicia)


No escenario o 24 de Abril

Hai momentos nos que sentimos que algo se rompe no noso interior. Non sabemos ben o que vén despois, só que xa non somos quen eramos. Estamos atrapados entre dúas augas, entre dous nomes, entre dous mundos. O último respiro antes do salto.

Alén nace no instante que habita entre algo que se derruba e volve a renacer. A compañía Colectivo Glovo presenta un espectáculo de danza contemporánea moi dinámica e física, no que o  ovemento non se detén e a proposta escénica está viva grazas a aos corpos de catro bailaríns que vibran, lévanos por unha viaxe sensorial e crean diante do público un ritual contemporáneo que conecta coas nosas tradicións máis fondas.

 

♿ Mobilidade reducida

As entradas para persoas con mobilidade reducida en cadeira de rodas con ou sen acompañante só se poden adquirir en taquilla, previa reserva no teléfono 981 704 300, segundo a dispoñibilidade.

Espazo exclusivo para cadeira de rodas (sen butaca física).

A adquisición desta localidade sen cumprir a condición necesaria impedirá o acceso ao auditorio e non dará dereito ao reembolso do importe abonado.


👁️🦻Dificultades visuais ou auditivas:

As entradas para persoas con dificultades visuais ou auditivas só se poden adquirir en taquilla, previa reserva no teléfono 981 704 300, segundo a dispoñibilidade.

A adquisición desta localidade sen cumprir a condición necesaria impedirá o acceso ao auditorio e non dará dereito ao reembolso do importe abonado.