21:00 | 50 min.
ALÉN
Pazo da Cultura, Carballo
No escenario o 24 de Abril
Hai momentos nos que sentimos que algo se rompe no noso interior. Non sabemos ben o que vén despois, só que xa non somos quen eramos. Estamos atrapados entre dúas augas, entre dous nomes, entre dous mundos. O último respiro antes do salto.
Alén nace no instante que habita entre algo que se derruba e volve a renacer. A compañía Colectivo Glovo presenta un espectáculo de danza contemporánea moi dinámica e física, no que o ovemento non se detén e a proposta escénica está viva grazas a aos corpos de catro bailaríns que vibran, lévanos por unha viaxe sensorial e crean diante do público un ritual contemporáneo que conecta coas nosas tradicións máis fondas.
Movilidad reducida
Dificultades visuales o auditivas21:00 | 50 min.
Pazo da Cultura, Carballo