Pazo da Cultura
- Rúa do Pan, s/n. 15100 - Carballo
- Email : culturacarballo@carballo.gal
- T. 981 704 300
- F. 981 704 302
Horario:
- Mañás: de 10.00 a 14.00 horas.
- Tardes: de 16.00 a 21.00 horas.
* No caso de haber clases do Conservatorio o peche será ás 22.00 horas. No verán o horario é igual polas mañás, mentres que polas tardes é de 17.00 a 21.00 horas
O Pazo da Cultura sitúase xunto a unha das maiores zonas verdes do núcleo de Carballo, o Parque do Anllóns. O recinto foi construído no ano 2002 baixo proxecto do arquitecto Luís Collarte Rodríguez e ao abeiro dunha Escola Taller do Centro de Formación. Moderno e funcional, o Pazo da Cultura conta con salas de diferentes capacidades adaptadas para a celebración de xuntanzas, congresos e cursos e múltiples actividades culturais.
Así mesmo, o Concello ofrécelle a posibilidade ás entidades sen ánimo de lucro do municipio de usar de forma puntual tanto o auditorio como as aulas formativas do Pazo para o desenvolvemento das súas actividades. Os interesados e interesadas poden descargar máis abaixo os impresos de solicitude.
Características
- Auditorio - anfiteatro de 350 prazas (andar -1)
- Salón de actos con capacidade para 150 persoas (2º andar)
- Dúas salas de exposicións (andar -1 e andar 3)
- Sede das Oficinas de Cultura do Concello de Carballo (1º andar)
- Conservatorio Profesional de Música
- Sección da Escola Oficial de Idiomas da Coruña
- Aula de Teatro Municipal
- Sala de lectura (andar 0)
- Sala de TV (andar 0)
- Salón social (andar 0)
- Cafetaría con prato do día (andar 0)