Pazo da Cultura

Pazo da Cultura


Horario:

  • Mañás: de 10.00 a 14.00 horas.
  • Tardes: de 16.00 a 21.00 horas. 

* No caso de haber clases do Conservatorio o peche será ás 22.00 horas. No verán o horario é igual polas mañás, mentres que polas tardes é de 17.00 a 21.00 horas

O Pazo da Cultura sitúase xunto a unha das maiores zonas verdes do núcleo de Carballo, o Parque do Anllóns. O recinto foi construído no ano 2002 baixo proxecto do arquitecto Luís Collarte Rodríguez e ao abeiro dunha Escola Taller do Centro de Formación. Moderno e funcional, o Pazo da Cultura conta con salas de diferentes capacidades adaptadas para a celebración de xuntanzas, congresos e cursos e múltiples actividades culturais.

Así mesmo, o Concello ofrécelle a posibilidade ás entidades sen ánimo de lucro do municipio de usar de forma puntual tanto o auditorio como as aulas formativas do Pazo para o desenvolvemento das súas actividades. Os interesados e interesadas poden descargar máis abaixo os impresos de solicitude.

 

Características

 

  • Auditorio - anfiteatro de 350 prazas (andar -1)
  • Salón de actos con capacidade para 150 persoas (2º andar)
  • Dúas salas de exposicións (andar -1 e andar 3)
  • Sede das Oficinas de Cultura do Concello de Carballo (1º andar)
  • Conservatorio Profesional de Música
  • Sección da Escola Oficial de Idiomas da Coruña
  • Aula de Teatro Municipal
  • Sala de lectura (andar 0)
  • Sala de TV (andar 0)
  • Salón social (andar 0)
  • Cafetaría con prato do día (andar 0)