Ir al contenido

Deadpan Karaoke

IBUPROFENO TEATRO (Galicia)

Elige una sesión

No hay ninguna sesión a la venta.

Intérprete: Marián Bañobre
Deseño de iluminación e escenografía: Violeta Martínez
Deseño de son e composición musical: Mónica de Nut
Deseño de audiovisuais: Marta Valverde, Gustaf Nilsson e Javier Lueje
Coreografía: Carmela Bueno
Dramaturxia: Patricia Rodríguez e Marián Bañobre
Dirección: Patricia Rodríguez

Duración: 1 h 15 min
Público: Adulto
Prezo da entrada: 7 € / 4 €


Rede Galega de Teatros e Auditorios


 

Sobre el evento

Teatro

Humor, amor, karaoke, ... atréveste?
Deadpan , significa “ cara morta, baleira de expresión, imperturbable” Karaoke, do xaponés kara “baleiro” e de oke “ orquestra”.
Deadpan é unha personaxe incapaz de sentir e expresar emoción, o que lle outorga a autoridade e a claridade necesarias para descifrar o universo do amor a través desta catarse cómico-musical. Sen embargo, dentro dun karaoke as súas accións conseguen facer accesibles e divertidas para o gran público cuestións e dilemas que ocupan aos grandes pensadores contemporáneos.
Este é un espectáculo unipersoal, de carácter participativo, que a través do absurdo, a estupidez, a sorpresa, a comedia, a música e o cine, que trata de dar resposta á pregunta... É posible o amor nesta sociedade tardocapitalista na que vivimos?
Ibuprofeno caracterízase por integrar a escrita dramática no proceso de creación procurando unha linguaxe persoal para falar dos temas claves que afectan ao ser humano contemporáneo.