As que limpan

A PANADARÍA (Galicia)


No escenario o 22 de Marzo

Teatro

O 98% das camareiras de piso son mulleres e o 70% sofren algunha patoloxía derivada da carga de traballo.
Imaxina que fas unha reserva nun hotel e pagas 300 € a noite xa que celebras algo especial. Ao  entrar, o cuarto está tal como o deixaron os anteriores clientes, coas papeleiras cheas de lixo, as sabas cheiran a suor, pelos nas duchas,... Protestas en recepción e para compensarche ofrécenche un desconto de 2,5 €, aceptarías?

Esta comedia ácida e esperanzadora reivindica a loita organizada das limpadoras de hoteis e a necesidade de reimaxinar un modelo de turismo sostible e respectuoso co territorio e coa vida das persoas.

A Panadaría amasa con moi poucos ingredientes, pero entre eles sempre están o feminismo, a música vocal, o humor crítico e unha interpretación lúdica. 
Este espectáculo, coproducido polo Centro Dramático Nacional, recibiu numerosos premios, entre eles catro María Casares (mellor espectáculo, dirección, texto e actriz protagonista).