Ir al contenido

586 cantos

MICE DO MUSEO DO POBO GALEGO

Elige una sesión

No hay ninguna sesión a la venta.

Músicos: Richi Casás, Frank Barcia, Tania Caamaño e Antía Ameixeiras.
Audiovisual: Laura Piñeiro e Fran Rodríguez

Duración: 45 min
Público: Todos os públicos
Prezo da entrada: 5 € / 3 €
Colabora MICE Museo Pobo Galego

Sobre el evento

Música en directo e imaxe dialogan neste espectáculo, idea orixinal da Mostra I. de Cinema Etnográfico MICE do Museo do Pobo Galego, para pór en valor o papel das cantareiras. A orixe da proposta son as fotografías, as gravacións sonoras orixinais, as partituras e os textos froito da investigación de Dorothé Schubarth (coa colaboración de Antón Santamarina), que conforma o Cancioneiro Popular Galego.

Richi Casás lidera a parte musical desta obra na que conflúen pandeiretas, jazz e ritmos latinos e que toma como punto de partida os cantos recollidos pola súa avoa Rosa. As voces orixinais mestúranse maxistralmente coa interpretación contemporánea.