Kyoki
ELEFANTE ELEGANTE
No escenario o 23 Marzo
A palabra Kyoki significa demencia en xaponés. Alteración da capacidade para recordar, pensar e tomar decisións. É certo que adoita aparecer en persoas de idade avanzada, pero... Quen non esqueceu algunha vez onde colocou a caixa das galletas? Ou por distracción vestiu o xersei ao revés?
A compañía Elefante Elegante retrata maxistralmente a través da linguaxe xestual e manipulación de obxectos temas tan importantes como a memoria, a vellez ou a demencia, creando un espectáculo cun universo cómico e poético que viaxa do realismo á hipérbole na vida cotiá.