21:00 | 1 h 30 min.
AMANCIO PRADA - 50 ANOS DO DISCO ROSALÍA DE CASTRO
Pazo da Cultura, Carballo
No escenario o 08 de Maio
Amancio Prada conmemora os cincuenta anos do álbum emblemático na historia da música galega e española: Rosalía de Castro, o segundo traballo de do cantautor que traspasou fronteiras e épocas, ofrecendo ao mundo unha interpretación profunda, sentida e innovadora dos versos rosalianos.
Este concerto celebra este fito artístico rescatando os poemas máis míticos da autora como Adiós ríos, adiós fontes ou Campanas de bastabales.
A importante traxectoria artística do berciano Amancio Prada é internacional e ten recibido galardóns como a Medalla Castelao de Galicia ou a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes.
Mobilidade reducidaAs entradas para persoas con mobilidade reducida en cadeira de rodas con ou sen acompañante só se poden adquirir en taquilla, previa reserva no teléfono 981 704 300, segundo a dispoñibilidade.
Espazo exclusivo para cadeira de rodas (sen butaca física).
A adquisición desta localidade sen cumprir a condición necesaria impedirá o acceso ao auditorio e non dará dereito ao reembolso do importe abonado.

Dificultades visuais ou auditivas:As entradas para persoas con dificultades visuais ou auditivas só se poden adquirir en taquilla, previa reserva no teléfono 981 704 300, segundo a dispoñibilidade.
21:00 | 1 h 30 min.
Pazo da Cultura, Carballo