20:00 | 1 h 30 min.
VACANAL SINFÓNICA
Pazo da Cultura, Carballo
En escena el 07 de marzo
Unha orquestra ao vivo, un orfeón e unha escenografía impactante estarán no escenario con De Vacas para ofrecer unha revisión sinfónica dos seus grandes éxitos. O coñecido grupo festexa así os seus dez anos de traxectoria nun concerto único que contará con colaboracións especiais de artistas de alto renome do panorama musical galego. Diversión, epicidade, bacanal... son as máximas para esta celebración.
Se De Vacas naceron espindo as cancións para interpretalas con só tres voces e unha guitarra, agora revisten os seus grandes himnos coas mellores galas nun concerto épico.
20:00 | 1 h 30 min.
Pazo da Cultura, Carballo