21:00 | 55 min.
EL VERBO
Pazo da Cultura, Carballo
En escena el 30 de abril
Daniel Doña é unha das figuras máis destacadas do panorama actual na danza nacional, que visita por primeira vez o ciclo Primavera enDanza, e faino co seu último espectáculo El Verbo.
Esta peza coreográfica escenifica un proceso para imaxinar e construír novos rituais, aqueles que, como o mundo, están en continua desaparición.Un corpo que rexeita a servidume do feminino e
do masculino e que rompe o tempo e o espazo para salvagardar todo o que está destinado a desaparecer.
O bailarín Daniel Doña destaca pola súa incansable exploración do movemento, as tradicións e as vangardas, nas súas pezas o flamenco e a danza contemporánea dialogan entre sí misturadas con outras disciplinas artísticas.
Grazas ao seu exquisito traballo e a súa excelente traxectoria na danza, foi premiado co Premio Max ao mellor intérprete masculino de Danza 2019, Premio Lorca á mellor coreografía en 2022 e mellor espectáculo de danza flamenca en 2023.
21:00 | 55 min.
Pazo da Cultura, Carballo