As cantareiras e a poesía popular oral

Concerto das Letras Galegas 2025


Próxima sesión el 16 mayo
  • Inicio | 20:30
    Duración | 1 h
  • Pazo da Cultura

En escena el 16 mayo

Cada ano o Consello da Cultura Galega únese á celebración do Día das Letras con esta cita que xunta música e palabra e que ten lugar cada ano en distintas vilas e cidades de Galicia. Neste ano 2025, no que se homenaxea ás cantareiras e á poesía popular oral, a entidade propuxo que o concerto tivera lugar en Carballo como recoñecemento á riqueza deste patrimonio inmaterial no noso municipio e comarca. Once artistas procedentes da música tradicional, da música popular e da música moderna conforman un espectáculo creado expresamente para esta cita, coa fin de render a súa particular homenaxe a través dun repertorio musical que comeza e remata na Costa da Morte.

viernes
16
mayo

20:30 | 1 h

As cantareiras e a poesía popular oral

Pazo da Cultura,

Agotadas