Voa, voa!
TALÍA TEATRO (Galicia)
Escolle unha sesión
Non hai ningunha sesión á venda.
- Intérpretes: María Ordóñez e Toño Casais
- Escenografía e iluminación: Dani Trillo
- Vestiario e caracterización: Martina Cambeiro
- Autor e director: Artur Trillo
Rede Galega de Teatros e Auditorios

Sobre o evento
Todas as tardes despois de merendar Xoana baixa a xogar ao parque. Alí coincide con Anxo, un neno introvertido que prefire estar na casa vendo a tele. Pouco a pouco vai entrando nos xogos que lle propón Xoana, todos aqueles que lle ensinou a súa avóa: ditos, retrousos, xogos de man...,
Voa, voa! é un espectáculo para incentivar a xogar coas pequenas rimas dos ditos populares que perduraron xeración tras xeración e que se foron transmitindo de xeito oral. Un divertimento para furgar na memoria do público e recuperar e transmitir os xogos da infancia a través da palabra.
Movilidad reducida
Dificultades visuales o auditivas