O ARCÓN DE NOA
Amarelo Cía (Galicia)
No escenario o 19 de Abril
Noa é unha nena que vive coa súa nai e non ten con quen xogar. No seu arcón garda os xoguetes que xa non a entreteñen. Todo parece vello e apagado no seu mundo solitario. Pero un día, sen decatarse, activa un encantamento e entra nun mundo máxico no que os xoguetes cobran vida e un ser misterioso goberna sobre eles.
O arcón de Noa é un conto de maxia e fantasía no que conflúen a danza, a música, a utilización de obxectos ou a imaxinación para tratar valores sociais e temáticas relevantes para o desenvolvemento emocional das nenas e nenos como a empatía, a sostibilidade, a cooperación, a diversidade ou a inclusión e o respecto ao diferente. Todo acaba unido para contar unha historia de amizade que amosa que un mundo máis xusto e igualitario é posible.
Mobilidade reducida
As entradas para persoas con mobilidade reducida en cadeira de rodas con ou sen acompañante só se poden adquirir en taquilla, previa reserva no teléfono 981 704 300, segundo a dispoñibilidade.
Espazo exclusivo para cadeira de rodas (sen butaca física).
A adquisición desta localidade sen cumprir a condición necesaria impedirá o acceso ao auditorio e non dará dereito ao reembolso do importe abonado.

Dificultades visuais ou auditivas:
As entradas para persoas con dificultades visuais ou auditivas só se poden adquirir en taquilla, previa reserva no teléfono 981 704 300, segundo a dispoñibilidade.