CICATRIZ
Kirenia Danza (Galicia)
No escenario o 17 de Abril
Antón Reixa e Kirenia M. Acosta únense en escena nunha peza de danza contemporánea que pon corpo ao poema homónimo do escritor, Cicatriz.
A unión de dous corpos, de dous corpos saturados, o da coreógrafa cubana cunha traxectoria atravesada polas lesións e o do escritor, que tras un accidente e unha absoluta inexperiencia en
danza contemporánea, conversan nunha peza chea emoción, por riba de calquera virtuosismo técnico ou idade.
A súa complicidade pon o foco sobre o anti-idadismo e a inclusión.
Un coloquio final convida ao público a un ti a ti con estas vidas tan cheas de suturas.
Mobilidade reducida
As entradas para persoas con mobilidade reducida en cadeira de rodas con ou sen acompañante só se poden adquirir en taquilla, previa reserva no teléfono 981 704 300, segundo a dispoñibilidade.
Espazo exclusivo para cadeira de rodas (sen butaca física).
A adquisición desta localidade sen cumprir a condición necesaria impedirá o acceso ao auditorio e non dará dereito ao reembolso do importe abonado.

Dificultades visuais ou auditivas:
As entradas para persoas con dificultades visuais ou auditivas só se poden adquirir en taquilla, previa reserva no teléfono 981 704 300, segundo a dispoñibilidade.