BenQuerer
Fran Sieira (Galicia)
No escenario o 26 de Abril
Fran Sieira regresa a Carballo para ofrecer o se último espectáculo, un solo de danza no que amosa a súa maneira de entender o movemento desde a tradición galega pero cunha linguaxe de vangarda e estará acompañado en directo polo dúo galego ligado á música e ao baile de raíz, Caamaño & Ameixeiras.
É posible benquerer sen quererse Ben? Algunha vez antepuxeches o benquerer ao quererse Ben? Ata que punto a benquerenza é real se non vai acompañada dun amor e respecto propio? O auto coidado emocional constitúe o eixe central sobre o que se move este novo proceso creativo tan persoal e íntimo para o creador, no que a través do seu propio relato detalla a importancia de quererse ben, de aceptarse e respectarse a un mesmo.
Mobilidade reducida
As entradas para persoas con mobilidade reducida en cadeira de rodas con ou sen acompañante só se poden adquirir en taquilla, previa reserva no teléfono 981 704 300, segundo a dispoñibilidade.
Espazo exclusivo para cadeira de rodas (sen butaca física).
A adquisición desta localidade sen cumprir a condición necesaria impedirá o acceso ao auditorio e non dará dereito ao reembolso do importe abonado.

Accesibilidade visual ou auditiva:-
Intérprete en lingua de signos
-
Mochilas vibratorias
-
Programa de man en braille
-
Visita sensorial á escena previa ao pase para persoas con discapacidade visual o TEA
As entradas para persoas con dificultades visuais ou auditivas só se poden adquirir en taquilla, previa reserva no teléfono 981 704 300, segundo a dispoñibilidade.
Espazo exclusivo para cadeira de rodas (sen butaca física).
A adquisición desta localidade sen cumprir a condición necesaria impedirá o acceso ao auditorio e non dará dereito ao reembolso do importe abonado.