21:00 | 1 h 15 min.
O Proceso
Pazo da Cultura, Carballo
No escenario o 13 de Marzo
1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. Un xuíz dá curso á denuncia e o célebre
escritor é procesado e condenado, a pesar da oposición do fiscal.
A partir destes feitos o director Cándido Pazó constrúe esta peza en ton de sainete cómico, presentándonos a través do xogo teatral unha galería de persoeiros populares do Ourense de finais do século XIX, que abordarán con frescura e desenfado temas vixentes na actualidade como a lingua, a cultura, a identidade,...
Movilidad reducida
Dificultades visuales o auditivas21:00 | 1 h 15 min.
Pazo da Cultura, Carballo