Bulebule
OS NÁUFRAGOS TEATRO (Galicia)
No escenario o 29 de Marzo
Candela, a quen chaman Bulebule, é unha nena que ten Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade (TDAH). A Candela encántalle o mar e soña con ser patroa dun barco e compartir aventuras co seu amigo Bruno que vive nun faro e sente verdadeira paixón por compoñer música.
Os Náufragos Teatro caracterízase por achegar ao público temáticas sociais, con especial atención á diversidade e a promover valores como a igualdade ou o esforzo das mulleres por derrubar barreiras, como a protagonista de Bulebule.
Mobilidade reducida
As entradas para persoas con mobilidade reducida en cadeira de rodas con ou sen acompañante só se poden adquirir en taquilla, previa reserva no teléfono 981 704 300, segundo a dispoñibilidade.
Espazo exclusivo para cadeira de rodas (sen butaca física).
A adquisición desta localidade sen cumprir a condición necesaria impedirá o acceso ao auditorio e non dará dereito ao reembolso do importe abonado.

Dificultades visuais ou auditivas:
As entradas para persoas con dificultades visuais ou auditivas só se poden adquirir en taquilla, previa reserva no teléfono 981 704 300, segundo a dispoñibilidade.